Skip to main content

Os Colectivos da Mocidade Comunista da Galiza comezamos este curso escolar con forza, chamando á xuventude traballadora a organizarse connosco, en concordancia coas campañas que os CJC están desenvolvendo por todo o noso país. Chamamos á xuventude obreira a organizarse nunhas estructuras, os Colectivos da Mocidade Comunista, que loitan polos seus intereses obxectivos de clase, como única saída posíbel da miseria á que o capitalismo somete ó proletariado e, en particular, á súa xuventude.

A Galiza é una rexión na que a loita obreira e sindical non é históricamente descoñecida. A clase obreira galega non esquece aquel 10 de marzo de 1972 en Ferrol onde foron asasinados dous traballadores do naval (Amador Rey e Daniel Niebla) a mans do fascismo, nin a folga xeral de Vigo en setembro do mesmo ano. Tampouco olvida as masivas protestas contra os efectos da reconversión naval de Felipe González entre 1983 e 1990, protestas caracterizadas por unha enorme solidariedade por parte de todos os sectores da clase obreira para cos traballadores do naval, que foi posible grazas á existencia de fortes redes sindicais e de apoio que non se terían construido sen a intervención decisiva dos e das comunistas nos sindicatos e nos centros de traballo. A historia, e en concreto a historia da nosa rexión, ensínanos que é necesaria a intervención comunista nas frontes de masas e nos espazos de vida e traballo da nose clase, de cara á súa organización en estructuras clasistas, xa que iso é o único que permitirá ó proletariado defender os seus intereses con independencia de clase.

Atopámonos nun momento na Galiza no que o movemento obreiro e sindical está moito máis reducido que nos 80s, copado na práctica totalidade polo nacionalismo e a socialdemocracia; e o movemento estudiantil, tamén tradicionalmente nacionalista, leva dende o estalido da pandemia sen prácticamente actividade. Todo isto nun momento no que as agresións á clase traballadora van en aumento disfrazadas de progreso: a reforma laboral, a reforma universitaria (LCU e LOSU), etcétera, son armas que precarizan todavía máis á clase traballadora e especialmente á xuventude, adaptando o marco legal ás necesidades da burguesía nestes momentos. Isto súmase á subida dos prezos dos produtos básicos e á inflación, en parte a causa da guerra imperialista en Ucrania, pero que teñen como base as propias dinámicas naturais do sistema capitalista.

A única saída que ten a clase obreira é a superación deste sistema; nin a súa reforma nin moito menos a súa defensa. E isto pasa necesariamente porque o proletariado, a xuventude obreira, transforme a raiba en resposta e se organice en estructuras de clase no seu centro de estudos ou de traballo, que dende a loita na súa realidade concreta se sitúe a axenda da clase obreira no centro en todas as loitas. Levamos moito tempo sendo prisioneiros dunha vida en crise. Transformemos a raiba en resposta.

Únete á Xuventude Comunista!

Por un país para a clase obreira